sábado, abril 08, 2006

Uns links de bo rollo!

http://spaces.msn.com/von-q/

Jjejejejje...Antes de nada...un pouco mais de publicidade para nós...a outra páxina onde colgamos cousiñas....

http://www.acompaniadoruido.com

...dende o mais recondito de Riveira, chegan os sóns da Compañia do Ruido, esta xente si que son dos que che fan moverte e campanear cunha botella na man...Pumchin Pumchi...dallle Capitan!

http://www.geocities.com/elrincondemorgan/

Páxina do grupo ferrolano El Rincón de Morgan...Tradición , Mestizaxe, Folk, Festa e troula danse xuntanza nestes ritmos que desprenden estes rapaces...daros un volta pola sua web, non ten desperdicio!

http://www.diosketecrew.com/

Se o que che gusta e o Rap en todalas suas variantes, hiphop, breakdance, beatbox, graffiti..esta e a tua Crew... O Colectivo Dios Ke Te Crew dende Ordes abre as suas portas a toda esa xente que ten algo que dicir neste mundo, grandes persoas, grandes proxectos e grandes concertos con unha moi boa posta en escena....

http://www.lamatumba.com/

Paxina web do grupo Lamatumbá....grandes sóns destas terras...
Esgotado de percorrer tendas na procura do disco máis inflamable do 2005? Xa está aquí a reedición do LUME para que saia o sol. Para nenos e nenas, labregos e mariñeiros. Os 13 temas que o barco de LAMATUMBÁ leva a bordo voltan surcar o océano da música, na procura de novos portos onde atracar. Unha nova presentación que o levará ata máis alá do Padornelo.

http://kogito.ko.funpic.de/

Páxina destes rapaces que fan bailar nos seus concertos a xente da Galiza aplicandolles boas dosis de Ska Reggae e Rock...

http://www.guezos.com/

O nome de Guezos provén da xerga dos afiadores ourensáns e ven a significar nenos.As súas composicións teñen un certo toque jazzístico, misturado co folk do que parten, a máis dunhas pinceladas de música clásica.
Unha páxina chea de cores e de ilusións que transmitense coa sua música...

http://www.hotsak.com/A/Iban_Nikolai/didjeridu_hotsak

Páxina Iban Nikolai
IBAN NIKOLAI utiliza o Didjeridú para crear un traballo cheo de interés. O instrumento de vento dos aboríxenes australianos na parte nordeste, lugar agora coñecido como Terra de Arhem, trátase dun tronco de eucalipto óco, o cal foi baleirado de forma natural polas termitas e que vibrando os labios polo burato logramos un son grave.
(a páxina esta en vasco pero podes escoitar algo da sua música...se buscas aparecen as movidas noutras paxinas en galego ou castelán..)

http://www.saraibas.com/

Web dun dos grupos con solera no panorama do Folk Galego...Os seis discos editados marcan a historia e a evolución da formación, así, sen deixar en ningún momento a mestura de canción protesta e música tradicional, fóronse incorporando nos derradeiros discos a outros estilos melódicos.

http://www.mondopetriz.com/

A Variedade de calificativos cos que se ten descrito o seu estilo: “folk-rock progresivo”, “rock con gaita”, “psicofolk”, “folk-fusión”... Nembargantes a clave principal do grupo, está en non limitarse a adaptar cancións convencionais cunha instrumentación moderna, senón máis ben todo o contrario: adaptar composicións totalmente libres a instrumentos tradicionais e mesturalos sen piedade coas ferramentas sonoras que se tercien.

1 comentario:

Anónimo dijo...

alli estaré, tio